18/12/08

Xanela "cega"


"Cliquear" na imaxe pra aumentala!
.
Aquí parte do proceso de reforma da "xanela cega" que da o pasillo común do edificio.
Na imaxe número 1 pódese apreciar o "ventanuco" orixinal do edificio. A imaxe está tomada pola parte interna do baño (non dispoño imaxe da parte posterior), pero apreciase perfectamente o modelo: Marco de aluminio, con barrotes na parte externa e uns vidros que se podían abrir ou pechar a vontade.
Hoxe este sistema está prohibido, xa que tanto os cheiros coma os vapores do agua quedaban no pasillo comunitario.
Na propiedade horizontal están feitas outras duas reformas, e colocaron unas fiestras con apertura, pero nos preferimos cumprir a nova normativa, por urbanismo e tamén por entender que ten toda a razón de ser o sua prohibición.
Na imaxe 2 xa se aprecia a vidrieira colocada (ca luz interior do baño acesa).
Na 3 ca luz natural do pasillo comunitario.
E na imaxe 4 xa totalmente rematada, co marco en "sapeli".
Agora só falta igualar a pintura do pasillo.
Si todo vai ben, entre o 2009 e o 2010 pintarase todo o interior do edificio.
.

No hay comentarios:

Historial