15/2/10

Castelo de Pambre



.
Castelo de Pambre

É o mellor exemplo da arquitectura militar medieval de Galicia. Construído por Gonzalo Ozores de Ulloa cara o ano 1375 sobre un escarpado penedo a beira do río Pambre, que exerce de defensa natural.

O castelo é de planta cadrada, cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotaría e sillaría de granito. O edificio central fórmano a torre, de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, tamén cadradas, e comunicadas entre sí por unha muralla.

No centro sitúase a torre mestra que ten planta cadrada, de 11 m de lado, e tres plantas. A primeira é cega; a segunda elévase uns cinco metros do chan e existen vestixios que permiten imaxinar unha ponte interior que comunicaría esta planta coa muralla, a través dunha porta con arco apuntado e escudo de armas dos Ulloa; na terceira planta hai unha ventá grande de arcos oxivais. Todas as torres están almenadas en beiril con ameas en punta ou triángulo.

Accédese ó patio interior por un portalón adintelado practicado na muralla. No interior consérvase un cabazo de catro aires colocado en parte sobre a cortina exterior. A cortina exterior, adaptada á configuración do terreo, ten unha espesura de 2 a 2,5 m. chegando na zona da porta aos cinco metros. Esta porta de acceso ten arco de volta perfecta co escudo de armas da familia Ulloa na clave. Á dereita da entrada atópase a capela de San Pedro construída a finais do século XII.

O Castelo de Pambre foi un mito dentro da loita irmandiña contra a nobreza da época, que logo engrosou López Ferreiro coa súa novela “O castelo de Pambre”.
Localizado en Pambre (Palas de Rei, Lugo) foi a única fortaleza que resistiu á revolta irmandiña de 1467.
.
Iste castelo NUNCA FOI CONQUISTADO!
.
Imaxe máis grande: http://img40.imageshack.us/img40/875/castelopambre.jpg
.
Revolta "IRMANDIÑA": http://es.wikipedia.org/wiki/Revuelta_Irmandiña (copiar e pegar)
.

No hay comentarios:

Historial