
Estado da casa antes de comezar a restauración!
A vivenda é unha casa labrega construida no ano 1900 (Século XIX)
Cando nos facemos ca propiedade ten unha antiguedade de 110 anos!
A idea da restauración e CONSERVAR ó máximo a sua configuración orixinal!
Na parte adicada as cortes e primeiro andar (imaxe, arriba, dereita) non tocaremos as paredes e conservaremos a mesma distribución e tamaño das xanelas.
As únicas diferencias ca distribución orixinal e a reconversión da porta da entrada a corte, que será parcialmente tapiada pra transformala nunha fiestra, e abertura dun oco á beira da porta da entrada principal pra practicar unha nova xanela (correspondente o cuarto de baño).

No mes de Marzo do 2010 comezamos a obra de restauración!
Demolición do tellado, limpeza exterior e interior, saneamento da vivenda, aislamento e colocación do chan na planta baixa de toda a edificación.
Os materiais utilizados na obra son os mesmos que na construcción orixinal! (pedra e madeira)
Na imaxe da esquerda (arriba) pódese observar o antigo galiñeiro que nos reconvertiremos na NOVA cociña!
Todo ese espacio, máis metro e medio cara diante será "obra nova".
Conservaranse os tres muros que o delimitan e levantaremos unha nova parede (pedra) na que destacará unha gran fiestra.
A cociña actual (imaxe da dereita con xanela azul) será parcialmente demolida pra abrir unha galería en "L" totalmente acristalada.
Completaremos a rehabilitación desta zoa ca construcción dunha nova chimenea.
Nas imaxes de abaixo (dereita e esquerda) estado actual no que se atopa a corte.
Nunha primeira fase as obras a realizar nesta parte da vivenda son as seguintes:
1. Saneamento das paredes e mailo solo.
2. Explanación do interior según as cotas necesarias.
3. Compactado do terreo a base de zahorra.
4. Aislamento do piso da planta baixa a base de encachado de pedra, manta hidrófuga e tubos de drenaxe.
5. Botaremos un novo chan, reforzado con formigón e malla metálica electrosoldada (formigón armado)
.
Casa restaurada de similar configuración a nosa.
Imaxe moi aproximada do resultado final.
.

.
No hay comentarios:
Publicar un comentario