Nos anos que levo traballando na empresa privada sempre defendín que a inmensa maioría dos "feirantes" de Galicia tiñan que formarse.
Sempre escoite que os empregados non estaban suficientemente formados, cousa que non dubido, pero os nosos empresarios tamén carecen da formación necesaria para levar a diante os seus proxectos.
Hoxe na radio galega no programa "A Crónica" abórdase precisamente este tema.
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-cronica-a-cronica-do-dia-23-02-2012-249806
A maioría dos "empresarios" desde país o que pretenden é medrar rapidamente (a costa dos traballadores) enriquecerse e pechar a empresas.
Non é lóxico que "feirantes emprendedores" que pagan tarde e mal os seus traballadores e provedores, merquen "Mercedes" e/ou "BMW", viaxen o Caribe o mesmo mes no que adeudan as pagas extras os seus empregados, comunican que a empresa vai mal e logo vanse de mariscadas, etc.
Onde está a inversión en I+D nas súas empresas?, onde a modernización?, onde a formación dos seus empregados?, etc.
Seguirei pensando a mesmo mentres a vida non me demostre o contrario.
Aquí non temos empresarios (salvo honrosas excepcións) temos FEIRANTES!
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario