22/3/08

Galicia Bilingüe? ja ja ja ....

Como se pode autodenominar Galicia Bilingüe unha asociación que considera IMPRESCINDIBLE o coñecemento dun idioma e PRESCINDIBLE ao outro?
Comentan a miudo nos distintos medios de comunicación a "falla de sentido común" dos que non respaldan a suas propostas.
Que eles respetan os dous idiomas OFICIAIS de Galicia.
Como se poden defender estos ideais si unha das propostas desta asociación é a seguinte:
Que o coñecemento do galego non sexa requisito indispensable para acceder a un emprego público, salvo para postos de traballo moi específicos que xustifiquen tal esixencia.
Por suposto (según eles) o coñecemento do Castelán (ou Español) SI QUE TEN QUE SER IMPRESCINDIBLE.
E quédanse tan "anchos", e proclaman sin ningún rubor que son defensores dos dous idiomas.
Como ilustra axeitadamente unha viñeta do xornal "La Voz de Galicia" ..... Estes de "Galicia bilingüe" sonche uns que "queren falar en castelán"
Saudos!
Aburiño!



No hay comentarios:

Historial