24/4/08

A voltas co Linux

Hoxe, como dispoñía de algún tempo libre, estiven "esgarallando" un pouco co UBUNTU, e conseguín dar algúns pasos importantes.
Fun quen de conectarme a rede (Internet), de baixar os "codex" necesarios para reproducir arquivos MP3 no reproductor de "Ubuntu" e conseguín instalar un reproductor de video (a primeira instalación que fago dende que teño este sistema operativo)
A verdade sea dita. No existe casi diferencia co Windows XP.
Cambian algunhas cousas (poucas), pero todo é cuestión de leer un pouco, e buscar pola "rede".
Pensei que iba ser moito más dificil facerme co seu manexo! pero (afortunadamente) non é así!
O seguinte "reto" que teño plantexado é conseguir conectarme a rede WIFI da casa (polo de agora a conexión que conseguín foi mediante cable).
Agardo algún que outro problemilla, xa que non me detecta ningún dispositivo "wifi".
Así como foi sinxela a conexión mediante cable, posto que no apartado "redes" aparecían reflexadas duas posibles conexións (moden ou cable) .... a inalámbrica costarame algo máis.
Pero, como non hai présa! ... ja ja ja .....
.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os comentarios "Perfet"
Calquera pode publicar!
Non é necesariio rexistrarse!

Historial