Lémbrome nestas datas dunha frase que me quedou grabada na memoria:A xente pobre comparte o que ten!
A xente rica da o que lles sobra!
A xente rica da o que lles sobra!
Podo asegurar (pola miña experiencia persoal) que é certa.
As persoas máis humildes axudan a costa de privarse eles, en cambio a xente con máis recursos (por regra xeral), só ayuda co que lles sobra.
Desfacémonos da roupa vella, dos mobles vellos, etc. limpando deste xeito as nosas conciencias.
Entregamos (o que xa tiñamos pensado tirar) a organizacións humanitarias e voltamos pra nosa casa ca sensación do deber cumprido!
Isto, que está ben, non ten ningún mérito comparado cos que comparten o que teñen cos máis desfavorecidos.
Deixo aquí esta reflexión, xa que penso que é o momento axeitado pra facelo.
Nestas datas nas que gastamos sen mesura, e moitas veces (todavía) lamentámonos de non dispor de máis cartos pra satisfacer os nosos caprichos!
Boas Festas! Feliz Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario